Outros catálogos dixitais polo mundo adiante

Nós non inventamos os catálogos. De feito, o primeiro catálogo atribúeselle ao bibliógrafo Konrad Gesner (Bibliotheca universalis, 1545). Curiosamente, despois da revolución que supuxo a imprenta para a comunicación.

Hoxe internet está a protagonizar outra revolución, e o acceso a un mundo de información cada vez máis vasto e inxente obríganos a buscar novas maneiras de catalogar, clasificar e cribar a información para acceder mellor a ela.

É por iso polo que os catálogos dixitais están a medrar polo mundo adiante.

A continuación recollemos algúns. Non son os mellores, nin os peores, pero si que son algúns dos máis curiosos

  • Rede Dixital de Coleccións de Museos de España é un catálogo colectivo en liña que reúne información e imaxes duha importante selección dos bens culturais que forman as coleccións de todos os museos integrantes da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España. Permite procuras xerais e avanzadas en todos os museos ou nunha selección realizada polo usuario. Próbao aquí
  • Catálogo Dixital de Estradas de Galicia: Os mapas son un tema (do que nos ocuparemos máis adiante) que daría para falar longo e tendido. Pero por introducir un catálogo sobre mapas, este catálogo dixital de estradas iniciado no ano 2003 é parte do inventario da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Descúbreo aquí e proba o “avance automático” para facer un recorrido virtual da estrada que queiras de calquera das catro provincias galegas.
  • Biblioteca da Facultade de Comunicación e Socioloxía da USC. O seu catálogo está colgado nunha das redes sociais de fotografía que máis éxito está a ter nestes momentos: Pinterest. Podedes acceder a el e, dunha forma moi visual, ver o catálogo de películas que se gardan nesta biblioteca.

Coñéces algún outro catálogo digno de mención? Déixanos un comentario!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.