Para que usamos as redes sociais?

Facebook

Onte falabámosvos das conclusións ás que se chegaba a semana pasada en Nethinking, respondiamos a se somos ou non escravos das novas tecnoloxías e reflexionabamos sobre o uso que facemos da linguaxe na rede. Hoxe respondemos a outra das preguntas que se formulaban: para que usamos as redes sociais?

O primeiro que temos que ter en conta é que o uso persoal e profesional conviven de maneira natural nas redes sociais. Os responsables de comunicación das empresas saben que o malestar social se traslada á rede aínda que, co tempo, modificamos a maneira tuitear porque comezamos a tomar conciencia da repercusión das opinións que vertemos en redes sociais.

Falouse da importancia das redes sociais como elemento de organización de accións sociais. Magnifícase a importancia dunha rede social como Twitter na que están presentes xornalistas, medios de comunicación e políticos, e non se presta tanta atención a redes como Youtube ou Instagram onde atopamos outro tipo de público.

Redes sociais para queixarse

As redes sociais son un espazo para usuarios e consumidores. Son unha ferramenta para a promoción dunha marca e deberían ser unha das principais canles de atención ao cliente. Un estudo de The Institute of Costomer Service apunta que, polo menos, o 25% dos usuarios usou as redes sociais para queixarse nos últimos 3 meses. Cómpre aclarar que a maioría (o 64%) deixa opinións positivas e que moitos (31%) as usan para facer consultas previas á compra, por exemplo.

Como actuar contra as críticas en redes sociais? Botádelle un ollo ao post que compartimos sobre xestión de crises. Que pasos debemos dar? Cando se bloquea a un usuario ou cando se dirixe unha conversa ao terreo privado?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.