Proxecto Abalar: educación e tecnoloxía

Abalar: ‘Mover, axitar ou facer oscilar unha persoa ou cousa, sen cambiala de lugar’. Neste caso, o que se move, o que se transforma, é a educación en Galicia a través da integración das TIC nas aulas. Ese é o obxectivo do Proxecto Abalar, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Abalar significa un cambio no modelo educativo. Trátase de aproveitar e sumar recursos, de que profesores e alumnos tiren proveito das tecnoloxías e dos contidos dixitais en centros educativos cada vez máis preparados e dotados. É a transformación da aula tradicional en aula dixital.

equipamento abalarNestes centros os alumnos contan con ultraportátiles que cumpren as funcións dun ordenador e as dunha tablet; os profesores teñen á súa disposición na aula un portátil, un proxector, unha pizarra dixital interactiva e acceso a Internet a través de WIFI.

A tecnoloxía é a base do Proxecto Abalar e a súa filosofía é contar con toda a comunidade educativa para a súa implantación. Por iso, existe un plan de formación e de fomento da cultura dixital entre os profesores e as familias. Docentes, pais, nais e alumnos son os actores deste cambio no modelo educativo.

Outra das bases do proxecto son os contidos educativos dixitais. Existe un Repositorio de recursos educativos dixitais onde a comunidade educativa pode acceder a recursos de distintos niveis educativos e en distintas linguas, de xeito totalmente aberto e gratuito. Deste xeito, os profesores poden empregar ditos recursos para a actividade na aula, ou ben para complementar os seus propios recursos educativos. Nesta semana prestaremos atención á lista dos recursos a disposición de estudantes e profesores.

Na actualidade hai 533 centros Abalar, 1.993 aulas Abalar, 43.140 alumnos Abalar, o que supón preto de e 2.000 aulas dixitalizadas e máis de 43.000 alumnos beneficiados. Adicionalmente, outras 825 aulas foron dotadas de kits de aula dixital (compostos por un portátil, un proxector, unha pizarra dixital interactiva) en 732 centros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.