Que cursos nos ofrece a Rede CeMIT en outubro?

CeMIT_Coruna

Aula CeMIT Eirís, A Coruña

Xa consultastes o calendario da CeMIT para outubro? Buscade ben e poderedes mellorar en deseño, facer unha web, coñecer novas ferramentas de software libre, etc.

A semana que vén, a partir do mércores 14 de outubro na CeMIT de Lalín, celébrase a actividade “Espazo de busca activa de emprego – Cruz Vermella”. Compartiranse mecanismos para a busca de emprego a través de internet.

Para buscar emprego non está de máis mellorar en deseño gráfico. Ademais das formacións sobre Gimp que podedes atopar habitualmente no calendario da Rede CeMIT, do 15 ao 23 de outubro en Burela, o curso será sobre creación de carteis. Os asistentes aprenderán a manexar o programa Draw, incluído no paquete ofimático LibreOffice.

Estades preto de Sada? Alí, a partir do 16 de outubro, impartiranse dúas formacións sobre procesador de textos e bases de datos. Na primeira explicarase a ferramenta LibreOffice Writer. Coa segunda botarannos unha man para crear e editar unha base de datos en software libre; bases de datos para organizar e acelerar a localización de información, datos que deben ser almacenados, estrutura dunha base de datos, etc.

De Sada a Beariz. Do 19 ao 28 de outubro terá lugar o curso “Aprende a usar o smartphone”, dirixido a persoas maiores. En Vigo, tamén a partir do día 19, sumaranse ao obxectivo de achegar as TIC aos maiores de 65. A actividade: “Curso de estimulación cognitiva por ordenador”. Interesante non?

Coma sempre, non deixedes de consultar o calendario para buscar a formación que máis vos interese. Que curso vos gustaría facer? Nós encargámonos de trasladar a suxerencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.