Que é o Open Data?

Open Data ou, como se coñece en galego “datos abertos” é unha filosofía que persegue que determinados datos estén dispoñibles para todo o mundo sen nengún tipo de licenza restritiva. É por iso que o fondo da cuestión dos datos abertos están vencellados con temas xa tratados neste blog coma o software libre.

Os “datos abertos” baséanse en determinados concpetos clave como a transparencia, a colaboración e a participación cidadá, os verdadeiros beneficiarios da apertura de datos.

Que conteñen os “datos abertos”?

Normalmente están centrados en material non documental: información xeográfica, datos históricos meteorolóxicos, datos históricos de participación electoral… datos que tradicionalmente sempre estiveron baixo o control dalgunha empresa ou institución e cun acceso xeralmente moi limitado, ben sexa por restricións de uso, previo pago de licenzas, copyright, patentes…

O Open Data é amplamente respaldado pola sociedade e polas grandes compañías de software como IBM, Microsoft

Normalmente enténdese que falamos de datos dixitais, se ben no concepto de Open Data tamén teñen cabida os datos impresos. Pensade na grande cantidade de datos depositados en arquivos e en bibliotecas e que están sen dixitalizar. Por iso o Open Data é un concepto global: se os datos sos producidos ou xestionados por gobernos falamos de transparencia no goberno, e se é na Universidade (outro exemplo) falamos de transparencia na investigación. Lóxicamente, esta apertura de datos tamén se pode levar ao ámbito privado das empresas.

Por qué é interesante o “Open Data”?

Máis aló do feito de que os cidadáns teñen acceso aos datos, o verdadeiramente importante é o valor engadido aos mesmos a través da súa reutilización. Se a base de datos é aberta, poden cruzarse variables para formar outros datos, ou mesmo cruzar os datos con outra base de datos para crear un servizo cun alto valor engadido.

Se che interesa o tema, pásate por aquí os vindeiros días, porque che falaremos dun portal sobredatos abertos“que che afecta directamente. A ti. Aquí, en Galicia.

Amplía información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.