Queres editar vídeo co teu móbil? Aquí tes tres editores gratuitos de vídeo para Android

Cada vez que sae un novo modelo de teléfono móbil ao mercado, vemos como a potencia e a calidade de gravación das súas lentes aumenta. E é que se hai anos os fabricantes obsesionábanse con facer os terminais cada vez máis pequenos, agora a carreira é por ver quen é capaz de ter a mellor cámara de fotos e vídeo no noso teléfono.

Este aumento de calidade nas gravacións é a principal razón pola que cada vez temos máis vídeos gravados por nós mesmos no noso teléfono. Pero en moitas ocasións non sabemos que facer con eles, por iso, hoxe ensinámosvos tres editores de vídeo gratuítos para instalar no noso móbil Andorid.

Magisto

Magisto é a solución perfecta para os que non queren complicarse as cousas e queren facer algo rápido e vistoso cos seus vídeos. E é que Magisto automatiza a maioría das tarefas, deixándonos a nós a gravación e a elección de música e título. O programa realiza unha montaxe cortando escenas e organizándoas como el considere.

Os seus resultados adoitan ser bastante correctos, pero se non nos convence, tamén podemos editar de maneira tradicional a través da aplicación.

(Descarga Magisto en Play Store)

Quik

Esta ferramenta vén da man dos creadores de GoPro e, como o seu nome indica, permítenos facer unha montaxe de maneira rápida e sinxela. A través de fotografías e vídeos podemos facer rapidamente un vídeo, xa que nos trae máis de 20 estilos de vídeos preconfigurados que poden facer que o noso vídeo pareza profesional.

(Descarga Quik en Play Store)

KineMaster

Se somos dos que queremos facelo todo, KineMaster é a nosa aplicación. Con el poderemos, a través dunha liña de tempo, recortar o vídeo, integrar audio, engadir carteis ou texto e organizar todo como queiramos, engadindo transicións e efectos de vídeo e audio se así o desexamos.

É un editor de vídeo moi completo, pero para que funcione de maneira correcta, necesitaremos un terminal de gama media ou media-alta.

(Descarga Kine Master en Play Store)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.