Seminario “marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego” no CDTIC

O Centro Demostrador TIC organiza o xoves 25 de febreiro o seminario “Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego” que se impartirá nas súas instalacións de 17.00 a 20.00 h.

cdtic

O programa da xornada inclúe temas como os conceptos de marca persoal e identidade dixital, o papel do correo electrónico, as ferramentas existentes para o posicionamento profesional na rede ou a estratexia de employer branding. Trátase dun programa de interese se consideramos o valor diferencial do coñecemento e do talento no actual escenario dixital e global, no que as persoas deben mostrar o seu saber facer no desenvolvemento profesional e as empresas e organizacións deben resultar atractivas para atraer e reter o talento

Destinatarios

Este seminario está destinado principalmente a responsables e profesionais de RRHH e, en xeral, a todas as persoas que consideren que o talento e o saber facer resultan clave na actividade profesional persoal ou na actividade da súa organización. O encargado de impartir a sesión será Xosé Alberte Cea, profesional que exerce como orientador laboral e que conta con experiencia como titor, formador, relator, promotor de actos de networking e impulsor de proxectos de emprendemento.

Como podo participar

Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde aínda que o aforo é limitado. Inscrítebe mentres queden prazas!

E se non podo achegarme ata Santiago?

As persoas interesadas en a este seminario e que non poden desprazarse a Santiago, pode consultar na rede de aulas CeMIT, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento, e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

1 comentario

  1. Pingback: O mellor do mes de febreiro en Xente Dixital - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.