Smarturismo: do turismo tradicional ao intelixente

Smarturismo

Para converter o turismo tradicional en intelixente hai que botar man da tecnoloxía. Ata o 2020 a Xunta desenvolverá iniciativas tecnolóxicas que axuden a impulsar Galicia como destino único, a mellorar a experiencia do viaxeiro e a atraer novos clientes.

O plan está dotado con 10 millóns de euros e establecerá as pautas para converter Galicia en destino turístico intelixente. Cómpre adaptar os modelos de negocio aos novos hábitos de consumo. O obxectivo é modernizar as infraestruturas tecnolóxicas e aproveitar as TIC para a promoción, comercialización e fidelización dos viaxeiros. O Camiño de Santiago será un dos elementos clave.

Para comezar, a principios de outubro estará dispoñible a Plataforma Tecnolóxica do sector (EXTRANET), unha ferramenta única de acceso a todos os servizos que proveerá Smarturismo. Un canal dixital para o sector integrado coa sede electrónica da Xunta.

Por outra banda, a finais de ano publicarase o novo portal de Turismo de Galicia, un espazo para a difusión da oferta turística no que o usuario poderá atopar contidos e servizos. Adaptada a dispositivos móbiles, reforzará a comercialización do produto turístico galego.

En canto ao Camiño de Santiago, no último trimestre do ano arrancará o primeiro fito de SmartCamiño ao que xa se adheriron máis de 700 empresas situadas na Ruta Xacobea. Os peregrinos disporán de portal web e aplicación móbil nos que atopar servizos turísticos e comerciais, información meteorolóxica, etc. Antes de final de ano dotarase de conexión Wifi, nunha primeira fase, a 46 dos albergues públicos do Camiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.