Suite ofimática en galego con OpenOffice

Baixo ese nome tan extraño – suite ofimática – escóndese o corazón de calquera empresa de hoxe en día. Unha suite de ofimática (ou suite de oficina) é unha recompilación de aplicacións para o tratamento de arquivos e documentos. Normalmente a recompliación de programas inclúe un procesador de textos, unha folla de cálculo, un editor de presentacións… e, precisamente todo iso é o que vos presentamos hoxe.

OpenOficce, a túa oficina no ordenador, e en galego

OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.

As aplicacións que están inlcuídas no pacote de Open Office son:

  • Writer (procesador de texto)
  • Calc (folla de cálculo)
  • Draw (deseño gráfico)
  • Impress (programa de presentacións)
  • Math (editor de fórmulas matemáticas)
  • Base (base de datos)
  • Un editor visual de páxinas web.
  • Un gravador de macros.
  • Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.

Podes descargar máis recursos adicionais aquí onde atoparás, entre outros, un corrector ortográfico de galego.

Podes descargar Open Office dende esta ligazón. Incluso existe unha alternativa a OpenOffice (tamén en galego) que podedes descargar aquí. Chámase LibreOffice e, ao igual que o seu irmán xemelgo, tamén se pode instalar en calquera plataforma (windows, mac e linux).

E ti, xa usas OpenOffice? Como é a túa experiencia con este programa?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.