Unha Administración 100% dixital

Sede_Xunta

En marzo deste ano arrancaba o Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 que busca consolidar os servizos electrónicos postos en marcha e conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital. Cun investimento de 27,7 millóns de euros, o reto é conseguir unha Administración accesible, áxil nas respostas e con capacidade para anticiparse ás necesidades da cidadanía.

Consolidar iniciativas e dar novos pasos

Nos próximos anos cómpre potenciar as iniciativas xa iniciadas como evolucionar a sede electrónica, simplificar o acceso á eAdministración, impulsar a interoperabilidade, a xestión electrónica interna e consolidar o Arquivo Dixital eletrónico.

En Xente Dixital xa vos falamos da posta en marcha do servizo Chave 365. Permite interactuar coa Administración a través do móbil sen necesidade de usar un certificado electrónico. Pódese solicitar na sede electrónica ou no Rexistro Xeral da Xunta. Por outra banda, tamén se está a pilotar no Rexistro Xeral a dixitalización da documentación que achegan os cidadáns. A dixitalización dos rexistros é fundamental para acadar unha Administración 100% electrónica.

O seguinte paso é o Arquivo Dixital Integrado, que entrará en funcionamento este ano. Permitirá xestionar o cliclo de vida completo de cada documento e posibilitará que empregados públicos e cidadáns, recuperen e consulten calquera información dun expediente.

Moitos de vós xa usades a sede electrónica da Xunta. Para o 2020 o obxectivo é que se poidan iniciar telematicamente a totalidade dos procedementos e que o 40% se tramiten integramente de xeito electrónico.

Por último, a plataforma Pasaxe! porase a disposición de concellos e deputacións provinciais. Permite o intercambio de documentación entre as 3 administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.