Unha plataforma única para todos os axentes turísticos de Galicia

Turgalicia

turgalicia.es

O ano pasado a Xunta, a través da Amtega e de Turismo de Galicia, puxo en marcha o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. No 2015 entrará en funcionamento un dos elementos chave deste plan: a plataforma tecnolóxica única a disposición de todos os axentes turísticos de Galicia.

A plataforma permitirá optimizar os procesos de xestión, de información e de inspección. Ofrecerá dúas funcionalidades: o rexistro único de todos os recursos turísticos e un sistema de soporte integral á inspección turísitca. Incluirá a xestión do ciclo completo da inspección, dende a súa planificación, asistencia durante proceso, e tramitación das infraccións e sancións.

O Plan Smart Turismo conta cun investimento de 10 millóns de euros ata o 2020 para desenvolver catro eixos prioritarios: modernizar as infraestruturas tecnolóxicas do turismo de Galicia, aproveitar as tecnoloxías para a promoción, a comercialización e a fidelización dos viaxeiros, fomentar a innovación no sector, e potenciar o Camiño de Santiago.

Smart Camiño é un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías. A iniciativa consolidará o Camiño de Santiago como recurso intelixente e sostible a través da aplicación da innovación e a tecnoloxía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.