“Viraxe TIC”, o programa que impulsará a creación de contidos dixitais en Galicia

Amtega, Clúster TIC de Galicia e Clúster do Audiovisual Galego porán en marcha ‘Viraxe TIC’, un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais en Galicia, e que implica ao conxunto do hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB  galego e emprega a máis de 19.500 persoas.

Presentación de "Viraxe TIC" con Antonio Rodríguez, Mar Pereira e Andrés Barbé

Presentación de “Viraxe TIC” con Antonio Rodríguez, Mar Pereira e Andrés Barbé

No marco dos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020 celebraranse actividades derivadas deste convenio, que se abordarán en dúas fases diferentes:

Primeira Fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio

A primeira fase de ‘Viraxe TIC’  abrangue tres liñas de actuación:

A elaboración dun estudo para identificar os principais ámbitos de actuación ofrecerá unha detallada análise do panorama actual do sector dos contidos dixitais ante as novas perspectivas do sector ante as novas  tendencias e os casos de referencia.

A celebración de espazos abertos e foros para a colaboración, o intercambio de coñecemento e o networking entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais.  Nesta liña, en outubro  celébrase un evento de posicionamento rexional de encontro entre todos os axentes do ecosistema da innovación tecnolóxica en torno ao sector de contidos dixitais, que permita promover e reforzar alianzas entre os axentes locais e expertos de recoñecido prestixio no sector a nivel internacional.

A terceira liña de actuación é a posta en marcha dun servizo de apoio e asesoramento para facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. O obxectivo é facilitarlles ás empresas de ambos sectores que desexen abordar iniciativas conxuntas soporte para a análise da viabilidade técnica, operativa, económica e comercial do proxecto e para a identificación de referentes e casos de éxito.

Segunda Fase: liña de axudas de 3,7 millóns de euros

Nunha segunda fase, o Programa ‘Viraxe TIC’ incentivará o desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos que resultan da primeira fase.

Para esta fase está previsto o lanzamento dunha liña de axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para dar apoio ao desenvolvemento de proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos dixitais no período 2017 – 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.