Xornada sobre seguridade nos dispositivos móbiles no CDTIC

O CDTIC  organiza o día 7 de abril o seminario “Están seguros os meus datos no móbil?”, que se impartirá nas súas instalacións en horario de 16.00 a 19.00 h. Ao logo da sesión, farase unha revisión das diferentes ameazas, os riscos e os mecanismos de control útiles para facer un uso o máis seguro posible dos dispositivos móbiles no ámbito da empresa.

cdticAínda que a asistencia está aberta a todos os públicos, o seminario está especialmente deseñado para persoas usuarias de dispositivos móbiles no ámbito empresarial que desexen coñecer os riscos e as ameazas de seguridade aos que se expoñen, así como aprender prácticas e mecanismos de control que permitan identificalos, acoutalos e cuantificalos.

O encargado de impartir a xornada será Marcos Lois Bermúdez, técnico especialista en electrónica industrial e cofundador e director da empresa de desenvolvemento de software TeraTIC.

Interésame asistir!

Participar nesta actividade pode facerse de maneira presencial ou a distancia.

Para asistir presencialmente a esta actividade en Santiago cómpre inscribirse a través do teléfono 881 995 200 ou no enderezo electrónico cdtic@xunta.es. A asistencia é de balde, pero xa sabedes que as prazas voan, así que… apurara!

Para quen non poida desprazarse a Santiago, o seminario será retransmitido por videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT: Barreiros, A Cañiza, Celanova, Leiro, Monforte de Lemos, Ourense, Padrón, Pontedeume, Pontevedra, Porriño, Valga, O Vicedo, Vilanova de Arousa e Xunqueira de Ambía.

Para asistir baixo esta modalidade debe realizarse a inscrición a través da páxina web cemit.xunta.es

Fonte: CDTIC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.