A Amtega publica o seu arquetipo de desenvolvemento de servizos web baixo licenza libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia

Con esta nova liberación búscase poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións o esqueleto común que se emprega na Amtega para o desenvolvemento de servizos web, buscando de esta maneira que exista unha estandarización durante as fases de desenvolvemento dos servizos web. Así mesmo, as novas solucións realizadas que teñan como base este arquetipo, desfrutarán unha maneira máis áxil e sinxela no traballo de liberación

Este arquetipo é o segundo que se libera por parte da Amtega, que xa ten liberado o ano pasado o arquetipo para o desenvolvemento de aplicacións web Java. O código fonte liberado non só inclúe o esqueleto para o desenvolvemento de novos servizos web, senón que tamén se liberan novas versións de compoñentes transversais que se empregan dentro da Amtega e que poden ser reutilizados.

Que é un arquetipo?

O arquetipo pódese entender como a base ou esqueleto a partires do cal pódese comezar a desenvolver un servizo web, xa que inclúe tódolos elementos necesarios para axilizar o desenvolvemento e facelo o máis estándar posible.

Este arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os servizos web que se desenvolven internamente, cumprindo tamén cos estándares Java da Amtega, o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.

O arquetipo pódese atopar no repositorio da Amtega da forxa de mancomun e pódese comezar a utilizar en calquera desenvolvemento que se necesite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.