A app do mes | Feira Internacional de Galicia ABANCA

A Feira Internacional de Galicia ABANCA convértese no primeiro recinto feiral galego con app propia, e permitirá aos seus usuarios informarse de todas as actividades programadas no recinto.

fibabanca
A través do calendario propio que contén a aplicación é posible consultar as datas de todos os eventos celebrados pola entidade, así como o programa do evento, o listado de expositores, horario, planos e outro tipo de material e información complementaria que axudará ao usuario a planificar mellor a súa visita á feira.

A aplicación aproveita as características propias dos terminais móbiles, e fai uso da xeolocalización e os mapas de Google para guiar ao usuario dende a súa posición ata o recinto ou o lugar de celebración dos diferentes eventos.

Tamén conta cun sistema de notificacións para que os usuarios non perdan detalle. A FIG enviará mensaxes para avisar aos usuarios da app da celebración de actividades nos días previos ás mesmas, así como recordatorios das diferentes actividades

A aplicación está dispoñible para teléfonos Android e iOs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.