“Maker Faire Galicia”. Volve o escaparate da creatividade no Voluntariado Dixital en Galicia

Os días 1 e 2 de outubro celebrarase no Pazo de Congresos de Santiago a “Maker Faire Galicia”: a feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.

makerfairegalicia

Tras o éxito da “Compostela Mini Maker Faire” celebrada o pasado outubro de 2015, onde se rexistraron máis de 18.000 visitantes e 138 makers, este ano, o evento escala en tamaño para converterse nun evento anual que servirá de punto de encontro para os mellores creadores de Galicia.

Por segundo ano consecutivo, o Programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia colabora con este evento buscando impulsar e facilitar a participación das persoas voluntarias na preparación e desenvolvemento da Maker Faire Galicia.

A filosofía do “Movemento Maker”

Un maker é un creador; un curioso por natureza, que quere aprender, divertirse, mellorar, compartir, resolver un problema e trata de facelo realidade, non se queda só na idea. Ademais de realizar os seus proxectos, compártenos en liña con makers de todo o mundo, o que lles permite unha innovación máis áxil, dando lugar ao que hoxe coñecemos como o Movemento Maker.

Fonte:

Fuente: https://makerfairecompostela.com

O obxectivo da Maker Faire é divertir, informar e conectar ás persoas para que a comunidade medre

Quero asistir… mellor, quero participar!

Se estás interesado en colaborar como voluntario na Maker Faire Galicia rexístrate en Voluntariado Dixital e apoia este evento inscribíndote aquí.

E, se queres saber máis sobre o evento, aquí che deixamos o vídeo-resumo da edición do ano pasado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.