Necesitas un teclado? iKeybo dácho en calquera superficie

iKeybo

Cantas veces atopámonos na situación de que temos que escribir un texto longo e só temos a man o noso smartphone ou tablet? Ao que máis e ao que menos esta situación ocorreulle e, aínda que cada vez estamos máis afeitos escribir cos teclados en pantalla, nada pode superar a un teclado completo nunha superficie horizontal.

Para solucionar esta problemática naceu iKeybo, un novo accesorio para o noso teléfono móbil ou smartphone que é capaz de proxectar en calquera superficie un teclado completo e que é cento por cento funcional.

Que estamos no tren e necesitamos escribir un email complexo? Sacamos o noso iKeybo e na bandexa do asento podemos comezar a teclear. Que apareceu unha reunión que non esperabamos e temos que preparar un documento de presentación e estamos no medio da rúa? Imos a unha cafetería, e cunha bebida á beira podemos teclear directamente na mesa do local.

Esta idea pode parecer sacada dunha película de ciencia ficción, pero é real e funciona sen problemas. Como funciona? iKeybo é un pequeno accesorio sobre o que colocamos o noso smarthpone ou tableta e, ao conectarse, é capaz de proxectar sobre calquera superficie opaca un teclado co que escribir na maioría de aplicacións. Ten teclados para todos os idiomas e mesmo é compatible con aplicacións musicais, mostrando un piano na superficie no canto de teclado.

Queres velo en funcionamento? Aquí está o vídeo

Na actualidade iKeybo é un proxecto na plataforma de crowdfunding Kickstarter e aínda que se poden realizar achegas, o proxecto xa se financiou ao cento por cento e esperan comezar a vender o produto a partir de maio do ano que vén. Estamos a desexar probalo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.