Novos episodios das Experiencias TIC: “Termaria Casa del Agua” e “Veraleza”

youtube amtega

A Amtega acaba de publicar na súa canle de YouTube dúas novas vídeo experiencias do Centro Demostrador TIC, a serie que nos mostra  como as novas tecnoloxías poden axudar á pequena e mediana empresa. Son pezas breves contadas en primeira persoa polos propios donos, xestores e directivos das empresas que nos explican como adaptaron a tecnoloxía ao seu negocio e que beneficios lles trouxo.

Nesta nova entrega da serie, podemos gozar das experiencias de dúas empresas de sectores moi diferenciados: “Veraleza”, unha empresa que se dedica á comercialización de flores e plantas a nivel maiorista e “Termaria Casa del Agua”, un centro termolúdico, fitness e talasoterapia da Coruña.

“Veraleza” e o éxito da presenza online

Tati Corbacho cóntanos neste episodio como implantaron a súa tenda online e a súa comunicación a través de Facebook, chegando a moitos máis profesionais grazas á comunicación directa que lle proporcionan.

“Termaria Casa del Agua” e a eficiencia enerxética

Claudio Orjales, director xerente de “Termaria Casa del Agua”, relata como foron capaces de reducir o seu consumo enerxético e as súas emisións de CO2 á atmosfera grazas á implantación dunha solución tecnolóxica de mellora de eficiencia enerxética.

O resto de episodios de “Novas Experiencias TIC” están dispoñibles na canle de YouTube da Amtega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.