Smart Camiño, a guía transversal do peregrino

A  Amtega e Turismo puxeron en marcha a plataforma dixital Smart Camiño, unha iniciativa  para aproveitar ao máximo a experiencia do Camiño grazas as vantaxes da tecnoloxía

SmartCamiño, arrancou o pasado 18 de marzo coa publicación do portal http://www.caminodesantiago.gal/, dispoñible en galego, castelán e inglés; e contempla tamén a publicación dunha app e a dotación de wifi nos albergues públicos do Camiño, que xa está activada no 84% e alcanzará o 100% nos vindeiros meses.

smart_camino

O obxectivo de http://www.caminodesantiago.gal/  é ser útil antes, durante e despois da peregrinación a Santiago de Compostela.

O apartado “prepárate” acolle toda a información e recomendacións previas á partida: como prepararse física e mentalmente, con especial interese no que atinxe aos pés, o calzado a empregar e a mochila.

A sección “planifica o teu camiño” acolle toda a información relativa ás rutas ao seu paso por Galicia, así como a rede pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia.

O camiño non remata en Compostela. A comunidade dixital do camiño permite interactuar con outros peregrinos e compartir a túa experiencia de xeito dixital. Dende a sección “punto e seguido” tes unha variada oferta gastronómica e cultural para descubrir Santiago de Compostela.

A app para móbiles, seguinte fronteira

app_smart_caminoA mediados de mes presentarase a aplicación Camiño de Santiago, a guía de peto dixital e gratuíta que acompañará ao peregrino na súa viaxe.

Esta aplicación achegará información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Ademais conta con mapas GPS detallados da ruta por tramos. Neles pódense distinguir diferentes recursos (monumentos, albergues, etc.) e unha aplicación de realidade aumentada dos distintos tramos do Camiño.

Fonte: Amtega

1 comentario

  1. Pingback: A APP do mes | SmartCamiño, a guía en mobilidade do peregrino - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.