Aberta nova convocatoria para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática da Xunta

Onte día 9 de xuño abriuse o prazo de inscrición para a obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). O curso preparatorio conta con 180 prazas, e comezará en setembro cun exame presencial que terá lugar en novembro. A información sobre a convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG).

CODIX_xentedixital

Requerimentos

Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son

  • Ser maior de 16 anos
  • Estar dado de alta como usuario da rede CeMIT
  • Abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame (10€)

O curso de preparación impartirase desde setembro na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 15 de xuño. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas.

As persoas admitidas deberán abonar no prazo de cinco días desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame (os aspirantes que non abonen a taxa serán excluídos).

Plan Formativo Ofimático de Galicia

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)

Apura! Aínda estás a tempo de anotarte!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.