Coñece mellor o programa Reacciona-TIC coas xornadas dos CDTIC de Santiago e Vigo

Reacciona TIC

Reacciona-TIC é o programa co que a Amtega e o Instituto Galego de Emprego (Igape) queren impulsar o panorama empresarial galego no terreo dixital. Para iso, convocáronse unha serie de axudas ás que toda empresa, sexa cal for o seu sector e a súa área de influencia, pode optar e así adaptar os seus procesos, tarefas e administración ao mundo tecnolóxico.

Para dar a coñecer o programa, estanse a realizar varias series de charlas informativas ás que calquera empresario pode asistir. En decembro temos dúas charlas diferentes: unha en Santiago de Compostela e outra en Vigo.

A xornada que se realizará na capital de Galicia será o 20 de decembro de 19:00 a 20:30 horas. Nela os asistentes poderán aprender da man de empresas tecnolóxicas, solucións para a adopción e o despregamento en mobilidade, solucións dixitais innovadoras na xestión empresarial ou como poñer en marcha estratexias de márketing dixital.

O día da charla informativa en Vigo será o 21 de decembro de 19:00 a 20:30 horas na aula CeMIT da Rúa O Porto. Nesta charla poderemos coñecer como implantar servizos para a industria 4.0: diagnose de capacidades, posta en marcha de solucións para a industria 4.0 e como implantar a xeración de modelos e simulación industrial.

Para asistir a estas charlas informativas é necesario apuntarse a través do Espazo Empresa e Profesionais da súa CDTIC. Se non se dispón dese espazo, o rexistro é fácil e directo para calquera empresario galego que o solicite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.