Descubre as vantaxes de Facebook para o teu negocio co CDTIC

Actualización: a xornada xa cubriu todas as prazas dispoñibles. Permanece atento a esta página para recibir novas acerca de novas xornadas.

Se tes unha empresa e non estás en redes sociais, estás a perderche unha canle de comunicación moi importante cos teus clientes. A web social tróuxonos unha interacción directa con todo tipo de persoas que poidan estar interesadas no noso negocio, polo que ter unha presenza correcta nelas é o máis recomendable hoxe en día.

Para saber como facelo, o Centro Demostrador TIC de Galicia organiza unha sesión para que toda persoa que o desexe, poida aprender as vantaxes que Facebook pode achegar ao seu negocio. Esta nova sesión será en Santiago de Compostela este mesmo xoves 2 de febreiro.

Nunha sesión de 3 horas, poderemos aprender da man do experto Christian Delgado todo o que hai que saber para ter unha presenza adecuada da nosa empresa en Facebook. O temario inclúe desde os primeiros pasos na rede social, pasando pola configuración das diferentes páxinas ata temas máis avanzados como os Facebook Insights ou como utilizar a publicidade Facebook Ads.

Se desexas asistir a esta sesión, tes toda a información na páxina do CDTIC. O curso será o 2 de febreiro de 16:00 a 19:00 horas no Centro Demostrador TIC, CNG de Santiago de Compostela. Para apuntarse é necesario facelo a través da páxina web do CDTIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.