“Faladoiro dixital arredor da creatividade dixital”, dentro de 1 mes, 1 profesión dixital

O 8 de xuño volven os faladoiros dixitais organizados polo CPEIG co apoio da Amtega. A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou a súa segunda edición tratando temas coma o Big Data.

Nesta ocasión o encontro analizará a creatividade dixital dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital, e terá lugar no Edificio Cinc da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45H. a 14.00H. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego.

faladoiro xullo

Programa do evento

A benvida institucional correrá a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

Logo do inicio do acto intervirá Juan Corro, director académico de U-Tad, centro universitario referente na formación de futuros líderes do mundo dixital,  quen se encargará de disertar sobre a “Formación e emprego na revolución dos contidos”.

Tralo descanso, Manuel Meijide, director de ILUX Visual Technologies e experto no deseño e desenvolvemento de proxectos integrais no eido das “smart cities”, abordará a charla  “Mundos dixitais e novos media”.

O último relator da xornada será Roberto Romero, fundador de Future Lighthouse e desenvolvedor de realidade virtual, quen falará de “Realidade virtual, novos horizontes”.

O “Faladoiro dixital arredor da creatividade dixital”, pecharase cunha mesa redonda aberta ás preguntas dos asistentes.

Asistencia de balde, con inscrición previa

As persoas interesadas en asistiren poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.gal e tamén través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.