O CDTIC reactívase tralo verán con novas actividades

O Centro Demostrador TIC acolle a volta ao cole e a volta ao traballo cunha chea de actividades para todos os pequenos negocios. Velaquí van as actividades que se celebrarán no mes de setembro.

actividadescdtic

Atrae visitantes e convérteos en clientes co inbound marketing

Esta actividade está destinada a empresas que desexen empregar o inbound marketing como ferramenta de captación e fidelización dos seus clientes, empresas tradicionais que se pregunten por que non chegan aos seus clientes como antes, ou emprendedores que estean en fase de desenvolvemento de novos proxectos e empresas

Onde e cando?

Na Aula CeMIT de Ourense, o 13 de setembro de 16:00h a 20:00h

Sácalles partido ás redes sociais para impulsar o teu negocio

O obxectivo principal do curso é o de formar os asistentes no cambio que internet produciu na comunicación en xeral e na comunicación nos negocios en particular, así como nos diferentes usos das ferramentas máis destacadas:

  • Aprender a facer marketing a través das redes sociais no noso negocio para tratar de mellorar as nosas vendas e a nosa visibilidade.
  • Analizar o novo escenario que se creou con internet e como afecta aos nosos negocios.
  • Darlles a coñecer aos asistentes as claves dos usos e os cambios que se produciron na comunicación a través de internet e nas redes sociais e como afecta isto aos nosos pequenos negocios.
  • Formarnos e actualizarnos coñecendo outros casos, cómo o fan outras empresas.

Onde e cando?

Na Aula CeMIT de Lugo, o 19 de setembro de 16:00h a 20:00h

Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo

Esta actividade está destinada a empresas de distribución alimentaria.

O contorno actual, cada vez máis competitivo e variable, obríga a adoptar solucións cada vez máis avanzadas e dotar os clientes das mellores ferramentas para situarse un paso por diante da competencia. Odoo e o desenvolvemento baixo licenzas de código aberto permiten afrontar esta realidade con custos realmente baixos, poñendo ao alcance das pemes recursos que doutra maneira só estarían a disposición de grandes corporacións.

Onde e cando?

Na Aula CeMIT da Coruña, o 29 de setembro de 16 a 20 horas.

Lembra que para asistir de xeito presencial a esta actividade é preciso o rexistro gratuíto no Espazo Empresa e Profesionais do CDTIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.