Se queres poñer en marcha a túa tenda en liña non te perdas a sesión do xoves no CDTIC

Este xoves día 22 terá lugar en Santiago unha sesión de comercio electrónico centrada na ferramenta de software libre Prestashop.

Auxe do comercio electrónico

O comercio electrónico é un fenómeno en auxe que facilita as compras aos clientes e permite ampliar as vendas ás empresas. Moitos comercios tradicionais están a empregar tamén o comercio electrónico, pois ven nesta actividade outro medio para conseguir máis clientes, ampliar ou diversificar o seu mercado e aumentar as vendas.

Grazas ao software libre, temos á nosa disposición unha ampla variedade de ferramentas gratuítas que permiten xestionar procesos e crear plataformas dentro dunha empresa. Unha destas ferramentas gratuítas é Prestashop, unha das aplicacións máis empregadas para a creación de tendas en liña.

A través de Prestashop poderemos crear unha tenda en liña dende a súa base, introducindo produtos, pasarela de pago, xestión de envíos, xestión de clientes, xestión do marketing e todo aquilo necesario para ter o noso comercio electrónico funcionando.

Prestashop no CDTIC

cdtic

Baixo o título Proba a túa tenda en internet xa con Prestashop na nube do CDTIC a sesión introducirá aos asistentes na ferramenta Prestashop, tratando temas como as características do programa, ensinando como poñer en marcha unha tenda en liña e amosando casos de uso con exemplos prácticos.

Así mesmo, na sesión presentarase o servizo de Prestashop no CDTIC Virtual, o cal permite probar de maneira sinxela a aplicación xa instalada na nube.

Así pois, xa tedes plan para o xoves. De 16 a 20h podedes aprender en Santiago as claves de Prestashop e do comercio electrónico, para poder aplicalo ao voso negocio ou proxecto de maneira práctica.

Inscricións en: https://cdtic.xunta.gal/prestashop_santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.