Xa temos dispoñible o avance de cursos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

xentedixital2

Todo bo profesional quere mellorar día a día no seu traballo e unha forma de facelo é a través da formación, unha práctica indispensable na época de cambios que vivimos. É por iso que o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ofrece unha boa colección de cursos interesantes e acábase de publicar xa un avance dos que teñen pensado impartir no cuarto trimestre deste ano e no primeiro semestre de 2017.

Aínda que non se saben as datas dos cursos, este avance pode axudarnos a planificar a nosa formación durante este final de ano. Os cursos, pola súa temática, están orientados a profesionais do sector tecnolóxico, aínda que calquera con interese nalgún dos temas pode apuntarse.

Para facilitar a matrícula, hai cursos con modalidade presencial, semi-presencial, virtual e tamén mediante o método de teleformación. Os que son de modalidade presencial ofrécense en diferentes horarios: de mañá, de tarde ou coas dúas opcións dispoñibles.

A continuación deixámosvos unha lista con todos os cursos dispoñibles. Desde o CNTG recoméndannos que esteamos atentos á súa páxina web, xa que en breve publicaranse os horarios así como a convocatoria do prazo de inscrición, que pode reducirse nalgúns casos a unha semana. Podes consultar toda a información dos cursos neste PDF.

Cursos cuarto trimestre 2016

  • Administración avanzada de redes CISCO, CCNA Routing & Switching
  • Desenvolvemento de aplicacións web con AngularJS
  • Introdución á programación Java
  • Programación en Java. Análise orientada a obxectos con UML
  • Fundamentos de desenvolvemento web con Java Script
  • Desenvolvemento de aplicacións web con PHP e MySQL
  • Analisda de datos big data Cloudera e Hbase
  • DevOps Essentials con integración continua
  • Despregue de aplicacións con Docker
  • Administración de bases de datos Oracle 12c
  • Fundamentos de ITIL
  • Scrum Manager. Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC
  • Introdución á administración de sistemas operativos Linux (Linux Essentials)
  • Administración de sistemas operativos Linux (LPIC-1)
  • Implementación de solucións de infraestructura con Microsoft Azure
  • Administración de Red Hat OpenStack
  • Instalación e configuración de Vmware vSphere v6

Cursos primeiro semestre 2017

  • Administración avanzada de redes CISCO, CCNA Routing & Switching
  • CCNP Route. Implementing IP Routing
  • Desenvolvemento web Fullstack con CEAN
  • Desenvolvedor/a Big Data Cloudera para Apache Spark
  • Desenvolvemento e administración con NoSQL Couchbase
  • Programación en HTML5 con Javascript e CSS3
  • Programación en C# e a plataforma .NET
  • Desenvolvemento de aplicaciónes embebidas en Java para móbiles
  • Desenvolvemento de aplicacións e servizos web JavaEE Back-end
  • Desenvolvemento de aplicacións híbridas con Ionic e Angular JS
  • Automatización de infraestructuras IT con Chef
  • Administración de bases de datos Microsoft SQL Server 2014
  • Administración de bases de datos MySQL
  • Business Analysis. Fundamentos e capacidades esenciais da análise de negocio
  • Dirección de proxectos informáticos (certificación CAPM)
  • Dirección de proxectos informáticos (certificación PMP)
  • Fundamentos de PRINCE2
  • Curso de Certified Scrum Developer (CSD) de Scrum Alliance
  • Xestión de proxectos con Scrum Manager
  • Administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPIC-2)
  • Virtualización e alta dispoñibilidade con con Linux (LPIC-3)
  • Administración avanzada de sistemas operativos Red Hat Linux (RHCE)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.