200 petabytes é o novo récord histórico de almacenamento batido polo CERN

O espazo de almacenamento é un dos principais problemas aos que nos adoitamos enfrontar na informática. Por moi grande que sexan os nosos discos duros, os programas, xogos e arquivos multimedia ocupan cada vez máis espazo, polo que sempre desexamos ter máis espazo dispoñible.

No mundo da investigación o almacenamento tamén é un tema crítico, xa que se adoitan gardar multitude de datos importantes que necesitan estar accesibles para os proxectos que a organización teña activa. A semana pasada ocorreu unha curiosidade moi importante: o centro de procesamento de datos do CERN (o colisionador de hadróns) conseguiu un récord histórico, superou a cifra de 200 petabytes de información almacenada de maneira permanente.

Segundo o propio CERN, os seus experimentos chocando todo tipo de partículas xeran un petabyte de información por segundo, pero esta debe ser filtrada antes de ser rexistrada, xa que se xeran multitude de datos e só un pequeno tanto por cento é interesante para a investigación.

Canto son 200 petabytes? Pois moito máis do que teremos, polo menos nos próximos anos, na nosa casa. En 200 petabytes pódense gardar 2 millóns de discos Blu-ray ou 350 millóns de anos de vídeos en alta definición. Case nada.

E como conseguen no CERN almacenar esa cantidade de información? Pois desenvolvendo o seu propio sistema de arquivos e adaptándoo ás súas necesidades. Se en Windows temos o Sistema FAT e WinFS, no CERN teñen CASTOR (CERN Advantage STORage system), un sistema de acceso aos arquivos que usa unha complexa arquitectura que usa unidades de cinta no canto de discos duros ao uso para gardar os datos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.