4 preguntas e respostas sobre a eliminación da neutralidade na rede en Estados Unidos

A semana pasada a FCC, o operador de infraestruturas de Estados Unidos, votou en contra de manter a neutralidade na rede e dar vía libre ás operadoras para facer o que queiran cos datos que manexan e coas conexións que ofrecen a todos os seus clientes.

É isto o fin da internet? Imos ter que pagar máis a partir de agora? Que ocorrerá coas empresas que queiran facer negocio na internet a partir de agora? Hoxe traémosvos 4 preguntas e 4 respostas sobre a eliminación da neutralidade na rede e as súas consecuencias.

Por que é malo que se eliminara a neutralidade na rede?

Do que é e por que é importante a neutralidade na rede falamos hai tempo aquí. Podes ler o noso artigo nesta ligazón, pero basicamente a neutralidade na rede é unha regra que defende que todos os datos que van a través de Internet sexan tratados igual, é dicir, que ningún teña prioridade fronte ao outro veña de onde veña. Se se elimina esta neutralidade, sempre van gañar os que máis teñen xa que están nunha posición de poder e control.

Por que é Estados Unidos a que controla a neutralidade na rede?

Sendo claros, Estados Unidos non controla a neutralidade na rede. Ao redor do mundo hai moita lexislación, en Europa existe e de  maneira moi clara, que defende a neutralidade dos datos. O malo vén cando nos damos conta que un moi alta porcentaxe da Internet que coñecemos está en Estados Unidos: servidores, puntos neutro, servidores  DNS… poucos están noutros sitios do planeta e, por iso, ao cambiarse a regulación alí pode afectar o resto do planeta.

Van cobrar máis por Internet?

Non se sabe. Moitos defensores da neutralidade na rede utilizan como argumento que agora as operadoras da internet poderán vendernos en paquetes o “dereito” para usar programas como  Skype, Whatsapp ou ver determinadas web. Está todo aínda no aire polo que isto non se pode asegurar.

Este cambio é definitivo?

Non. Non hai que poñerse tremendista. A FCC é un organismo estadounidense moi politizado e se cambia a dirección, esta posición tamén podería cambiar. Ademais, esta decisión vai ser recorrida por moitos actores da internet para que non se poida poñer en práctica xa que, en realidade, vai en contra de todos.

Esperamos que con estas catro respostas quedara todo un pouco máis claro. Se non é así ¡temos aberta a caixa de comentarios para todas as vosas dúbidas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.