A Amtega estende o Mobile Week Coruña a Galicia con máis de 17 actividades

Hoy 21 de noviembre se inaugura la Mobile Week Coruña, un evento destinado a acercar a la ciudadanía todas las novedades del futuro digital que tenemos por delante.

A Xunta de Galicia, a través da Amtega, colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A
programación está dispoñible na web da MWC.  e pódese desfrutar de maneira gratuíta de tódalas sesións que a Amtega ten preparada en A Coruña e na zona de influencia.

Mércores 21 de novembro, Cidade da Cultura

  • A Amtega inaugura a súa participación na MWC Mobile Week Coruña cun evento de
    referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns na Cidade da Cultura.
    A sesión da mañá, “#PemeSegura.gal: Xornada de ciberseguridade” está dirixida a empresas preocupadas pola súa seguridade no mundo tecnolóxico. Contará con dous relatores como Luis Hidalgo de INCIBE, e Enrique Serrano, cofundador de Mundo hacker.
  • Pola tarde a actividade estará centrada no terreo familiar. “Ciberserguridade na túa casa: ciberseguridade para tod@s» abordará riscos aos que nos enfrentamos todos e todas cando poñemos os nososo datos na rede. E o aprenderemos a través da Asociación Pantallas Amigas, Fernando Vilar formador da Guardia Civil e Carlos Pérez, CISO de ABANCA. A asistencia é de balde pero compre inscribirse na web do MWC.

Actividades do 21 ao 23 de novembro

Ademais do que se vivirá na Cidade da Cultura, a Amtega organiza máis actividades no área de influencia do congreso:

  • O taller E eu que podo ser de maior? Novos Perfís Dixitais” previsto para o mércores 21 de novembro en horario de 11.30 a 12.20 na Sala de Usos Múltiples do IES Isaac Diaz Pardo de Sada, tratarase de incentivar e impulsar as vocacións tecnolóxicas nos alumnos de 2º da ESO.
  • O mesmo mércores 21 de novembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na aula CeMIT de Betanzos se ensinarán as diferentes plataformas dispoñibles para a busca de emprego online e unha guía práctica sobre o manexo de LinkedIn no que daranse recomendacións para establecer a marca persoal e a busca de emprego Esta actividade “Busca de emprego online e manexo de LinkedIn” tamén poderá ser seguida nas aulas de AmesCuntisO Vicedo e Santa Comba a través da modalidade de videoconferencia.

  • Os días 22 e 23 de novembro centraranse no impulso do uso dos servizos dixitais, así o xoves 22 de novembro en horario de 11:30 a 13:30 horas na aula CeMIT de Abegondo, realizarase o taller “Coida a túa saúde coas TIC – Plataforma É-Saúde e cita médica online no que se ensinará aos cidadáns a manexar a plataforma E-Saúde para consultar a medicación, os resultados das probas médicas, e a solicitar a cita médica online sen desprazamentos ao centro de saúde.

  • O venres 23 de novembro na aula CEMiT de A Coruña (Centro Cívico de Eirís) celebrarase  xornada “Faite Dixit@l e tramita nin clic. Coñece as vías para acceder á eAdministración” na que se amosarán as diferentes vías de acceso que a cidadanía ten para poder comunicarse coa administración sen ter que desprazarse e tamén se ensinarán exemplos do que se pode facer coa administración electrónica.

Inscricións

As persoas interesadas en seguir estas xornadas poden inscribirse a través da web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/) previa alta como usuario da rede ou ben en calquera das aulas CeMIT AbegondoA Coruña (Centro Cívico de Eirís)Betanzos e Sada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.