A Amtega busca o mellor proxecto universitario con licenza libre

Hai non moitos anos, cando alguén dicía que o seu proxecto estaba baixo unha licenza libre, os seus achegados adoitaban miralo de maneira estraña e preguntarse por que se utilizaba esa licenza en lugar dunha privativa. Por sorte ese tempo xa pasou, e é grazas a iniciativas como Mancomun ou o protagonista de hoxe: o premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre promovido pola Amtega.

Este premio, do cal levamos xa 10 edicións, ten como obxectivo achegar o mundo do software libre aos universitarios e descubrir, desta maneira, as posibilidades laborais e de colaboración con proxectos que existen na actualidade.

Este premio promovido pola Axencia para  a Modernización Tecnolóxica de Galicia está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 750. Estes premios son posibles grazas aos dous patrocinadores desta edición: o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) e o Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL).

Para poder presentar o proxecto ao premio, este ten que estar feito por un estudante do Sistema Universitario Galego e ser defendido como Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5 nalgunha das convocatorias do curso 2016-2017.

Ademais, o proxecto ten que ser realizado cunha implementación libre (hardware e/ou software) e estar publicado cunha licenza libre recoñecida pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

O prazo para inscribirse é ata o 30 de setembro e está toda a información de como participar está dispoñible na páxina de Mancomun.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.