Así será a nova resintonización da TDT pola chegada do 5G

A chegada do 5G, tecnoloxía da que vos falamos a semana pasada, vai traer novos avances e interaccións cos nosos dispositivos, pero tamén vai traer algún que moitos lembrarán non de maneira demasiado positiva: a  resintonización da Televisión Dixital Terrestre.

Por que é necesaria unha  resintonización?

As ondas electromagnéticas, do que están feitas as comunicacións móbiles ou a TDT,  van a través do aire por uns “camiños” chamados bandas de frecuencia. Estes camiños teñen unha calidade diferente segundo sexan dun tipo ou outro polo que, para determinadas tecnoloxías, é necesario utilizar bandas dun tipo de calidade determinado.

A prestación de servizos a través do 5 G necesita o uso da banda de 700  MHz, un espazo radioeléctico que ata agora estaban a usar algúns servizos da Televisión Dixital Terrestre. Por tanto, para que o 5 G poida funcionar, é necesario que os sinais de TDT pásense a outro camiño, é dicir, a outra banda electromagnética.

Cal é o calendario? Segundo o Plan Técnico Nacional de TDT, as datas nas que se realizará a transición son as seguintes:

  • Outubro de 2018: Inicio actuacións de comunicación.
  • Decembro de 2018: Publicación dos reais decretos para a compensación de custos do proceso de liberación da banda de 700
  • Decembro de 2018: Publicación do Real Decreto que aprobe o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, e as medidas para a liberación da banda 700
  • Xaneiro de 2019: Inicio da execución do proceso para a liberación do segundo dividendo dixital.
  • Xaneiro de 2019: Acendido das primeiras emisións simultáneas nas novas frecuencias.
  • Outubro 2019: Aceso, no seu caso, dos últimos transmisores con emisións simultáneas de 6 meses.
  • Marzo de 2020: Fin do despregamento, acendido dos últimos transmisores sen período de emisión simultánea, e apagado das emisións na banda 694-790
  • Xuño de 2020: Data límite establecida na Decisión (UE) 2017/899 para a dispoñibilidade da banda 694-790 MHz para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas.

Que quere dicir isto? Que en marzo de 2020 necesitaremos resintonizar a nosa Televisión Dixital Terrestre. Pero todo isto ten unha boa noticia: non teremos que, en principio, cambiar os nosos televisores nin comprar  sintonizadores xa que estes serán compatibles coa nova colocación das canles.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.