Comeza a segunda edición do Vodafone Connecting for Good Galicia con seis novas iniciativas

Este mércores botou a andar unha nova edición da Vodafone Connecting for Good Galicia organizado pola Amtega, GAIN, IGAPE e a Fundación Vodafone.

Nesta segunda edición do programa atopámonos con seis novas iniciativas empresariais participantes, as cales terán a oportunidade durante seis meses de acceder a sesións de formación, mentoring, axudas económicas e un espazo de coworking na Cidade da Cultura. Ademais, como novidade nesta edición, poderán optar tamén a unha axuda de outorgada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) para contratar unha persoa con discapacidade que se integre no equipo.

Os proxectos participantes nesta segunda edición abarcan temas como a accesibilidade, a creación e fabricación 4.0, a formación interactiva, a mediación social, a tecnoloxía biométrica ou a contribución ambiental. Todos eles poderán optar, unha vez acabados os seis meses desta edición, a gañar unha axuda de 25.000 euros outorgada pola Xunta de Galicia e outra de 10.000 euros outorgada pola Fundación Vodafone ao proxecto que mellor incorpore os principios de accesibilidade universial.

Estes son os participantes da segunda edición do Vodafone Connecting for Good Galicia:

  • 3DAcoustic proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D, conseguindo unha redución nos custos, tempos de produción, e unha mellor experiencia de uso grazas a un produto propio e innovador totalmente axustado a cada persoa.
  • it! é unha empresa de creación e fabricación 4.0, que ofrece servizos integrais de deseño, modelado 3D, fabricación de novos produtos e enxeñería aplicada. it! ten como obxectivo achegar e popularizar o uso da tecnoloxía de impresión 3D en todos os sectores mediante o seu Marketplace online it!MARKET e o seu FabLab na Coruña it!LAB.
  • Formadox é unha plataforma de formación interactiva en tecnoloxía que achega ao usuario a experiencia da formación presencial dos talleres ou os laboratorios, mediante vídeos, simuladores e kits didácticos. A formación que se ofrece é a relacionade co Internet das cousas, a industria 4.0, a robótica, a impresión 3D, as técnicas de fabricación dixital, a visión artificial, a realidade virtual e aumentada, etc.
  • Mediación Móbil é un proxecto que busca axuntar novas tecnoloxías e plans integrais de mellora da convivencia en catro ámbitos (educativo, familiar, empresarial e deportivo) co obxectivo de prover a todo tipo de persoas dunha ferramenta de prevención e resolución de conflitos accesible, económica, personalizada e profesional.
  • Sense(x) é un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetros, tanto fisiolóxicos como alimentarios mediante sensores para a análise pormenorizada dos alimentos para inxerir. Ademais, grazas a un software específico, integra o sensor con diferentes dispositivos, o que permite obter estatísticas detalladas dos diferentes sensores, análises de uso e mesmo compartir resultados nunha rede social, etc.
  • Tapper é unha app que contribúe a reducir o desperdicio alimentario. Grazas a Tapper, os establecementos poden publicar ofertas de produtos preto do fin da súavida útil, que os usuarios poden adquirir a un prezo rebaixado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.