A febre das consolas mini está aquí: cales son e como podes facerte a túa propia

Se dicimos que o retro está de moda non nos equivocamos nadiña de nada na afirmación. O que levaba hai anos ten un aire especial que atrae a todo tipo de persoas.

Este amor polo retro tamén está presente na tecnoloxía. Xa falamos hai uns días da volta de Polaroid e hoxe querémosvos da nova moda que está entre nós: as consolas mini de orixe retro. Que son estas consolas? Pois versións das que había hai unhas décadas pero en tamaño reducido e adaptadas aos novos tempos.

NES e SNES Mini

Un dos culpables de que saltase esta moda é Nintendo, que hai uns meses lanzou a NES Mini, unha versión en miniatura da súa primeira consola de sobremesa da década dos 80. A consola cabe na palma da man e posúe conexión HDMI para poder vela nos televisores de agora. O mellor é que vén con dous mandos e trae incorporados 30 xogos clásicos de NES, entre os que nos podemos atopar o Zelda, o Pac Man ou o Super Mario Bros.

A SNES Mini é a irmá maior da NES Mini. Saíu fai uns poucos días e esgotou existencias na maioría das tendas. A SNES é a consola de Nintendo que todos gozamos nos anos 90 e con 20 xogos clásicos incorporados, incluíndo o Star Fox e o Super Mario World.

Commodore 64 Mini

Non só de Nintendo vive a febre da consolas mini. A clásica Commodore 64 tamén se apunta a saír en formato pequeno. Sairá ao longo de 2018 e por uns 80? poderemos gozar de grandes xogos da década dos 80.

Como facer nosa propia consola mini?

Ter unha mini consola co deseño orixinal é moi bonito e alimenta o noso amor polo retro, pero o certo é que ter unha mini consola con moitos xogos é moito máis fácil do que pensamos. Tan só temos que facernos cun mini ordenador como a Raspberry Pi (da que xa falamos aquí) e utilizar unha distribución que emula consolas coñecida como RetroPie.

Na rede hai numerosos tutoriais que nos ensinan como configurala. É moi sinxelo e ocupa mesmo menos espazo que as consolas mini comerciais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.