Fortnite: 4 conceptos para entender o fenómen arredor do xogo

Se lle preguntamos a alguén entre 9 e 20 anos que é  Fortnite, seguro que o nome lle soa. E é que o videoxogo creado por  Epic  Games converteuse nun dos éxitos dos últimos meses rompendo todas as predicións que existían.

Pero en que consiste o  Fortnite? Por que ten tanto éxito? Explicamos en 4 sinxelos conceptos por que este videoxogo ten a todos os mozos, e os non tanto, enganchados.

Un  multixogador masivo

Fortnite, na súa versión “Battle  Royale”, é un xogo no que, a través de armas e construción, enfróntaste a 100 usuarios de todo o mundo en cada partida. O concepto é moi sinxelo: saltas en paracaídas nunha illa no momento que queiras e tes que enfrontarche aos outros 100 xogadores que están a xogar. Todo isto recollendo as armas e os recursos, madeira, metal ou pedra, para realizar construcións e protexerche de maneira  estratéxica

É gratis e  multiplataforma

Aínda que  Fortnite como videoxogo saíu de pago, a versión  multixogador de “Battle  Royal” é completamente  gratuíta. Ademais, está dispoñible para todas as  vídeo consolas e  PC que hai no mercado, conseguindo un gran número de xogadores que poden enfrontarse se o desexan entre si sen  importar a plataforma na que están a xogar.

Partidas rápidas

Estamos na época do inmediato e que un xogo multixogador proporcione partidas rápidas e divertidas é sinónimo de éxito. Unha partida de  Fortine  Battle  Royale non dura máis de 20 minutos (se chegamos ata o final sen morrer) e ten un ritmo tan alto que estás pegado ao mando durante todo o tempo que dura a partida.

É un éxito no  streaming

Á parte de xogar, ver como outros xogan a Fortine Battle  Royale é divertido, xa que ao ser un xogo con tanto ritmo e tal variedade estratéxica, a xente é capaz de ver a xogadores que saben xogar moi ben e realizan retransmisións en directo. Grazas ao streaming, o xogo gañou en popularidade, elevando aos altares a xogadores que xogan e retransmiten entre 3 e 6 horas diarias.

Que futuro lle depara a  Fortnite? É complicado prognosticalo. Por agora, está a romper todas as previsións e vendo como está a evolucionar a comunidade, o xogo de  Epic  Games só pode crecer e crecer.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.