Mirando ao ceo, estes son os fenómenos astronómicos máis interesantes de xuño

Ao longo da historia o ceo é unha parte da terra que sempre entusiasmou ao ser humano. Na escuridade da noite, podémonos pasar horas mirando cara ás estrelas tentando pescudar que haberá neses puntos brillantes tan afastados.

Coa chegada do verán, as condicións climatolóxicas melloran moito para poder observar o ceo de noite. Por esta razón, hoxe traémosvos unha pequena lista cos eventos astronómicos máis interesantes que poderemos ver durante este mes de xuño.

Choiva de estrelas

Este fenómeno astronómico ocorre practicamente todos os días, pero no verán é cando mellor podemos velas, xa que adoitan ter unha gran intensidade nesta época. O 27 de xuño poderemos ver as boötidas, a primeira choiva de estrelas oficial do verán e que ven do cometa 7P/Pons-Winnecke.

A Lúa

O noso satélite vai estar moi brillante durante o mes de xuño. A partir do día 9 teremos unha gran lúa chea que fará as delicias dos que lles gusta a luz lunar. O 17 de xuño pasará a cuarto menguante e o 24 a lúa nova será a protagonista do ceo.

O solsticio de verán

O 21 de xuño chega o verán e con el o seu solsticio no noso hemisferio norte. Á parte de ser a data na que dicimos que empeza a estación máis calorosa, o solsticio de verán é o momento no que o Sol alcanza a súa máxima declinación, é dicir, cando este proxecta os seus raios sobre a máxima latitude xeográfica do noso planeta. Que significa isto? Que gozaremos do día máis longo do ano.

Visionado de planetas

Xuño tamén é o momento para observar varios planetas de noite. O 10 de xuño a Lúa e Saturno estarán en conxunción, polo que poderemos ver ao planeta preto do satélite. Durante todo o mes poderemos ver a Venus preto da Lúa e o 15, Saturno estará en oposición da terra polo que o poderemos ver a primeira ollada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.