Queres saber mais sobre como utilizar Whatsapp no ámbito profesional? Ven á xornada organizada polo CDTIC o 22 de xuño

Á hora de manter un negocio, a comunicación co cliente é unha das partes máis importantes no noso día a día e, como sempre dicimos, temos que axudarnos da tecnoloxía e as novas formas de comunicación para axudarnos nesta e noutras tarefas.

Whatsapp é unha rede social que leva xa uns anos entre nós, pero non foi ata hai pouco cando se comezou a utilizar no terreo profesional, tanto para comunicarse co cliente como na organización de equipos de traballo e da empresa en si.

Para coñecer máis a fondo como se pode utilizar Whatsapp no terreo profesional, o Centro Demostrador TIC acollerá o próximo 22 de xuño unha xornada “Whatsapp como ferramenta profesional”. Nesta xornada presentaranse os diferentes usos que se pode dar a Whatsapp no terreo profesional, funcións, recomendacións e tamén boas prácticas a seguir á hora de utilizar este método de comunicación. A sesión está orientada a emprendedores e profesionais que queiran incorporar Whatsapp no seu día a día na empresa, e será impartida por Christian Delgado, especialista en posicionamento e analítica web e profesor de negocios asociado na Escola de Negocios AFundacion.

A xornada será nas instalacións do Santiago de Compostela do CDTIC e é gratuíta para os rexistrados no centro demostrador. O horario é de 10:00 a 13:00 horas e para inscribirse pódese facer tanto a través da páxina web do CDTIC como por medio da aplicación dispoñible para Android e iOS. Tes máis información na propia páxina do CDTIC.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.