Sabes que son os Códigos Plus de Google? A nova alternativa á xeolocalización

Cando nos preguntan pola nosa dirección, é sinxelo dicir en que rúa vivimos e achegar o código postal para que se nos  peuda localizar de maneira sinxela. Pero hai nalgunhas partes do planeta que isto non é tan sinxelo, xa que ás veces non hai rúas definidas ou a nomenclatura depende da rexión e de para que se vaia a utilizar.

Este problema preséntase sobre todo en países menos desenvolvidos e Google ideou un sistema para poder axudar a este tipo de países a localizar as súas casas: os Códigos Plus ou “plus  codes” (en inglés).

En que consisten estes códigos? Os códigos plus son curtos, simples e fáciles de usar. Constan dun código de área de catro caracteres e dun código local composto por catro, un signo de suma e dous caracteres máis, co que en total son dez caracteres. Ademais, baséanse na latitude e a lonxitude, co que se poden dispoñer en cuadrícula e describir, como diciamos, todos e cada un dos puntos do planeta.

O primeiros catro caracteres son, diciamos antes, o código de área. Esta identificación comprende unha rexión de aproximadamente 100 x 100 quilómetros. O seguintes seis caracteres, o código local, describen a veciñanza e o edificio, representando aproximadamente 14 x 14 metros. A combinación de ambos os códigos, que compoñen o código global, permiten localizar en primeiro termo unha ampla zona do mapa e, a continuación, unha localización exacta dentro dela.

O sistema, obra dun grupo de enxeñeiros de Google, foi desenvolvido en código aberto. Polo que calquera pode ver con detalle como funciona e desenvolver as súas propias aplicacións para calquera propósito.

Como saber o noso Código Plus? De maneira moi sinxela, tan só temos que ir a esta dirección de  google maps especial e poñer a nosa. Así saberemos o noso Código Plus que, se o seu uso esténdese, seguro que terá moita utilidade en aplicacións  e usos na vida real.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.