Tecnoloxía do futuro presente: o mini submarino de Elon Musk que non se chegou a usar

Se hai unha noticia que colleu protagonismo estes días foi o peche nunha cova dun equipo de nenos tailandeses por mor dunhas inundacións. O rescate, xa conseguido, do equipo e o seu adestrador tivo en albas a medio mundo pola súa complexidade.

Unha das persoas que máis se interesaron e participaron no tema do rescate foi  Elon  Musk, creador da empresa  SpaceX e do que xa falamos en  Xente  Dixital nalgunha ocasión. Que fixo o  multimilonario? Ofrecer ao seu equipo de enxeñeiros para construír a mellor solución para o rescate: un  mini submarino.

En tan só dous días, a empresa  SpaceX (da que é propietario  Elon  Musk) foi capaz de construír con tecnoloxía e materiais dos seus foguetes un  capsula parecida a un pequeno submarino onde podía caber un neno. A idea era que os nenos, ao non saber mergullar, puidesen ir dentro acompañados de mergulladores expertos e saír así da cova alagada.

Aínda que foron capaces de desenvolvelo en dous días e  entegrarlo a Tailandia, o invento non se utilizou por atopar outras solucións máis prácticas e sinxelas para rescatar a todo o equipo. Aínda así, é impresionante o que un equipo preparado é capaz de facer en tan só dous días para axudar a xente que o necesita.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.