Tecnoloxía do futuro presente: a intelixencia artificial para axudar a poñer multas

Cando falamos do futuro, a intelixencia artificial é un dos temas que máis atrae e, á vez, máis respecto dá. É unha tecnoloxía á que aínda lle queda moito percorrido, pero as empresas xa están a pensar os posibles usos e rexistrando as patentes para que os competidores non se lles adianten. E así o fixo a empresa Ford, que patentou un sistema de condución autónoma que poñería multas de maneira automática.

En que consiste esta patente do construtor de coches? Pois en vehículos capaces de conducirse sós que poderían detectar as infraccións de tráfico e, á súa vez, axudados por cámaras e radares conseguir identificar o infractor e poñerme a multa de maneira automática. Segundo a empresa, este sistema sería perfecto para introducir nos coches patrulla da policía e serviría como complemento ou substitución dos axentes de autoridade.

A idea soa moito a ciencia ficción, xa que tamén prevé que o coche poida facer persecucións de maneira autónoma e que teña mecanismos de aprendizaxe automática para distinguir entre avisos ou multas reais.

Pero non nos alarmemos, como todas as patentes deste estilo que se rexistran en Estados Unidos (alí pódense rexistrar ideas se están ben desenvolvidas), a tecnoloxía está aínda por desenvolver, polo que non veremos coches de policía perseguíndonos sen condutor nin a medio nin a longo prazo. Aínda así, que unha empresa como Ford vexa que é posible facer isto nun futuro é de admirar, sobre todo se contamos que teñen pensado lanzar o seu novo coche autónomo en 2021. Iso se a tecnoloxía e as leis permíteno, claro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.