Xa te inscribiches na II edición da Connecting for Good Galicia? Aínda estás a tempo!

Cando temos unha idea para un proxecto, é necesario pasar por unha serie de fases case obrigatorias para levar esa idea a cabo. As máis críticas adoitan estar relacionadas co financiamento e a maneira de dar a coñecer a nosa idea ou proxecto ao público potencial.

Para axudar aos emprendedores e pequenas empresas na viaxe de conseguir que teña éxito unha idea, da man da Xunta de Galicia e a Fundación Vodafone naceu o programa Connecting for Good Galicia. Este programa, do que xa vos falamos con motivo da súa primeira edición, ten en marcha a súa segunda edición e se temos unha idea temos que darnos présa para inscribirnos, xa que o prazo termina o 2 de xullo.

En que consiste Connecting for Good Galicia? É un programa que busca promover ideas de emprendedores e pequenas e medianas empresas a través de axudas e financiamento. Nesta nova edición seleccionaranse seis ideas, as cales terán desde o comezo un patrocinio de 2.000? ofrecido pola Xunta, ademais de diferentes sesións de coaching e formación onde os creadores do proxecto poderán aprender as claves para levar o seu proxecto ao éxito. Na primeira edición, os proxectos seleccionados aproveitaron ao máximo estas sesións, así foi a súa experiencia:

Ademais, a Xunta de Galicia premiará con 25.000€ ao mellor proxecto e a Fundación Vodafone fará o propio cun premio de 10.000€ ao proxecto que aplique da mellor maneira os principios de accesibilidade universal.

Para inscribirse nesta segunda edición é necesario facelo a través da web da Fundación Vodafone. O prazo é ata o 2 de xullo. Date présa porque se acaba o tempo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.