Así son as axudas para despregar redes de 100 megas en pobos de menos de 150 habitantes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado luns a nova serie de axudas dedicadas a despregar novas redes de 100  megas en núcleos de menos de 150 habitantes. Estas axudas, concedidas pola Xunta de Galicia a través da  Amtega, están dirixidas a operadoras, podendo presentar os seus proxectos no prazo dun mes.

Con nova axuda os operadores poderán actuar en  máis de 26.000 poboacións de menos de 150 habitantes e en 80 núcleos de entre 150 e 300 habitantes que non teñen aínda acceso á redes ultrarrápidas. A acción entra dentro da terceira medida do Plan de Banda Longa de Galicia 2020, que desenvolve a Xunta a través da  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

A  Amtega concederá a través da subvención un máximo do 90% do custo total do proxecto, sendo cofinanciado polo Fondo Europeo de  Desenvolvemento Rural ( FEDER) no marco do Plan de  Desenvolvemento rural de Galicia 2014-2010 (PDR). Os operadores de telecomunicación poderán presentar as súas solicitudes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

A convocatoria inclúe un anexo coas entidades de poboación que se establecen como obxectivo por ser considerados “zonas brancas” de redes de nova xeración, é dicir que carecen de cobertura destas redes nin previsión de dispoñer delas.

As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 megas de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.

Toda a convocatoria pódese ver na convocatoria do pasado luns do DOG.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.