Como vai gañar diñeiro Whatsapp? Aquí tes unha pista

Cando Whatsapp comezou fai uns cuantos anos, a aplicación só estaba dispoñible para iOS (iPhone) e custaba descargala 0,99€. Meses máis tarde, a aplicación saíu para Android e esta era completamente gratis, polo que os que a usaban en iOS estaban un pouco desprazados xa que aínda debían pasar por caixa se querían descargar, ou renovar a subscrición, de uso de Whatsapp.

Co tempo, a aplicación pasou a custar en todos os sistemas operativos para volverse, meses despois e por parte de Facebook, completamente gratis para todos. Hoxe en día é a aplicación máis usada nos dous sistemas operativos móbiles maioritarios polo que cabe preguntarse: como gaña diñeiro Whatsapp?

Como xa dixemos, no pasado Whatsapp se valía do que custaba a aplicación para sufragar gastos e pagar o desenvolvemento, pero despois de converterse en gratuíta estes ingresos desapareceron, polo que a aplicación (a pesar de ser de Facebook) está a piques de lanzar un sistema que lle reportará ingresos: os perfís de empresa verificados.

Que será un perfil de empresa en Whatsapp? Pois algo similar ao que xa existe noutras redes sociais como Twitter: unha conta que a empresa asegura que é verdadeira e que ten aos responsables directos detrás. É dicir, que existirán contas oficiais de bancos, tendas ou equipos de fútbol verificados por Whatsapp. E estas contas, por suposto, van ser de pago.

Esta nova canle de comunicación que se vai a abrir, que non é unha gran novidade xa que existe noutros sitios como Telegram, aínda non se sabe exactamente como será: se engadiremos nós á conta, se aparecerá como publicidade ou teremos que dar unha autorización previa nós. De todas as maneiras, Whatsapp apresurouse a dicir que aínda que as contas estean verificadas, se o seu uso non é o correcto, os usuarios normais poderán denunciala para que deixe de molestar (no caso de facelo).

Teremos ao noso banco respondendo as nosas dúbidas por Whatsapp? Pois case seguro que si. E non será moi tarde. Espérase que antes de que acabe o ano podamos ver esta nova característica de Whatsapp.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.