5 consellos para evitar que te enganen ao mercar por Internet

Sempre dicimos que mercar en Internet é un dos métodos máis seguros que hai. As tecnoloxías existentes aportan diferentes capas de seguridade que aseguran que os nosos datos bancarios non acaban en mans maliciosas.

Pese a isto, se mercamos en sitios de segunda man ou a particulares como pode ser Wallapop ou eBay, podemos acabar caendo nos típicos timos que pululan por todos os lados, Internet e tamén na vida real. Hoxe vos damos 5 consellos para evitar ser enganados.

Desconfía dos prezos moi baixos

Se atopamos produtos con descontos esaxerados o primeiro que temos que facer é desconfiar. Na internet pódense atopar descontos interesantes, pero se este supera o 50% do prezo que normalmente ten, a oferta cheira raro.

Investiga ao vendedor

Case a totalidade das plataformas de compras entre particulares inclúen sistemas de cualificación dos vendedores. Se atopas unha gran oferta, investigar ao vendedor e comprobar que vendeu antes e os comentarios que pode ter é unha boa idea.

Desconfía dos que non poñen fotos reais

Se está a vender un iPhone pero pon as fotos que aparecen na web de  Apple desconfía. Pide sempre fotos reais e que se poida demostrar que o son, xa que igual o produto que están a vender está en moito peor estado que o que di o particular ou, poñéndonos no peor dos casos, véndennos outra cousa totalmente  diferente.

Nunca pagues por adiantado

Existen multitude de opcións de pago que non sexa pagar por adiantado:  contrareembolso,  PayPal, transferencia unha vez recibido e produto e mesmo  contrareembolso con inspección do produto. Se che piden que pagues antes de que che poidan confirmar que enviaron o produto, desconfía e dei que non.

Utiliza sempre que poidas a plataforma

Wallapop ou  eBay teñen sistemas de pago que están dentro da propia plataforma. Se o usuario pídeche que non os utilices desconfía. Estes sistemas teñen proteccións e protocolos contra vendedores falsos, polo que sempre é mellor utilizalos xa que nos dan ese extra de seguridade que podemos necesitar.

Extra: usa o sentido común

Ler ben o anuncio, ver o que vende e o prezo é básico á hora de comprar a un particular a través de Internet.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.