Por que Chrome di que as páxinas non son seguras?

En febreiro os  desarrolladores de Google  Chrome avisaron que tomaran a decisión de identificar todas as páxinas que non ían a través do protocolo  HTTPS como “non seguras”. Aínda que antes  Chrome avisaba deste tema, a icona que tiña pasaba desapercibido. Agora a mensaxe é  moito máis clara xa que aparece xusto á beira da dirección da páxina.

Que significa este cambio?

Aínda que nos poida parecer unha bobada, o certo é que non o é. Cando unha páxina utiliza o  protocolo non seguro  HTTP, todos os datos que comunican o servidor da páxina co usuario van en texto plano, o que significa que calquera pode acceder á información que enviamos ou recibimos cuns poucos coñecementos técnicos

Cando se usa  HTTPS a información xa non vai en texto plano, senón que se cifra con  SSL/ TLS, o que significa que os datos que enviemos serán seguros xa que aínda que se intercepten, estes estarán cifrados e será tremendamente complicado para a persoa que tenta conseguir os nosos datos.

Como incorporo  HTTPS na miña páxina web?

Se temos unha páxina web e queremos implantar  HTTPS nela é moi sinxelo. A solución máis sinxela é utilizar  LetsEncrypt, un servizo  gratuíto que nos proporciona certificados  SSL de maneira moi directa, sendo compatible con moitos hospedaxes web a través dos paneis de control.

Se non temos acceso ao panel de control da nosa hospedaxe (ou non nos dá esta opción), o máis adecuado é falar co noso provedor de hospedaxe web para saber como se pode implantar. Se  utilizarmos ferramentas habituais como xestores de contido ou  eCommerce, incorporar un certificado  SSL adoita ser algo moi sinxelo e directo.

A suxerencia final é que, se podemos, incorporemos HTTPS nas nosas páxinas xa que é a maneira de conseguir que a nosa páxina sexa de confianza. E cando navegamos, temos que fixarnos moito no protocolo que usa a páxina, porque se metemos contrasinais nela é case obrigatorio que sexa HTTPS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.