Telegram: máis aló dun cliente de mensaxería

Que exista unha aplicación para cada cousa á vez é unha tortura e tamén unha bendición. E é que con isto da especialización, acabamos tendo nos nosos teléfonos móbiles centos de aplicacións que só abrimos unha vez ao mes. Afortunadamente, tamén existen aplicacións que son multiusos, e esas son as que temos que ter máis en conta.

Telegram é un cliente de mensaxería que rivaliza con Whatsapp e Facebook Messenger, pero tamén é unha aplicación que vai moito máis alá. Co paso das actualizacións, o cliente de mensaxería engadiu característica que nos poden axudar no noso día a día. Hoxe ensinámosvos tres simples trucos que podemos usar con el.

Tomar notas

Telegram permítenos crear un chat con nós mesmos, polo que podemos utilizar ese chat para o que queiramos: enviarnos unha nota, unha imaxe ou simplemente algo para lembrar. O máis interesante é que como o cliente é multidispositivo, podémolo escribir desde o móbil e logo lelo no computador e viceversa.

Listas de cousas para facer

As canles son unha característica moi útil socialmente en Telegram pero tamén poden servir para facer listas de cousas que facer. Do mesmo xeito que o chat con nós mesmos, podemos crear unha canle privada onde só esteamos nós e así facer desde aí unha lista co que temos que facer. Ademais, podemos crear tantas canles como queiramos, polo que podemos mesmo facer temáticas estas listas.

Enviarnos arquivos entre dispositivos

Ás veces necesitamos un arquivo que temos no computador no teléfono (ou viceversa), pero conectar os dispositivos entre si é unha acción que dá máis problemas que os que soluciona. Con Telegram podemos enviarnos o que queiramos e recibilo nós mesmos da maneira máis sinxela.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.