Tres maneiras de navegar dunha maneira máis anónima

Moito se falou nas últimas semanas dos escándalos de como se recompilan os nosos datos cando navegamos. É como funciona Internet agora, xa que os datos son algo así como o pago por utilizar plataformas gratuítas que custa moito diñeiro desenvolver.

Aínda así, se queremos que as páxinas non nos rastreen e non saiban onde navegamos e que facemos, hai moitas maneiras de facelo. Hoxe ensinámosvos tres maneiras para navegar dunha maneira máis anónima.

Usa un programa  AdBlock

Se utilizamos un programa tipo AdBlock podemos conseguir que moitas páxinas non nos  rastreeen, xa que a maioría de código que o fan son os pertencentes a anuncios. Deles xa falamos no pasado, e podémolos atopar para calquera navegador.

Utiliza a navegación anónima

Todos os navegadores actuais teñen un modo que permite navegar de maneira anónima: modo incógnito, navegación privada ou navegación anónima son os nomes que teñen estas características. Con esta navegación, non se gardará ningún tipo de dato nas páxinas que visitemos.

Utiliza un proxy

Un proxy é unha ponte entre a nosa conexión e o resto da internet. É utilizar a conexión doutra persoa ou servidor para visitar as páxinas. O positivo é que é máis difícil que soliciten os nosos datos, o negativo é que a navegación irá máis lenta e, nalgunhas ocasións, non é recomendable usar proxys xa que os que están públicos adoitan usarse para fins non demasiado legais e podemos acabar metidos nunha lea sen querelo.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.