Tes correos fraudulentos? Envíallos a este bot para marear ao estafador

Phising é a práctica dos estafadores de enviar correos electrónicos tentando facerse pasar por outra persoa e compañía. Así é normal ver correos electrónicos que nos tentan enganar dicindo que son o noso banco, reis de Nixeria que nos piden diñeiro a cambio de xoias ou a nosa veciña que nos pide o número do cartón de crédito.

O que se fai con este tipo de correos é mandalos ao lixo e ignoralos. Pero saíu hai uns días unha nova práctica que pode facer que este tipo de correos sexan ata divertidos: un  bot que os marea ata a saciedade.

Re: scam é unha intelixencia artificial que teñen como obxectivo vingarse do  phising. O que fai é responder de maneira automática a estes correos e dar voltas sobre o asunto ata que o estafador cánsase e deixa de responder. Un exemplo claro é que, cando piden unha conta corrente, o  bot di que por seguridade enviaralle cada número nun correo, mentres o outro responda.

Como funciona? De maneira moi sinxela: cando recibamos un correo deste tipo o que debemos facer é  reenvialos a me@rescam.org e a intelixencia artificial poñerá a súa maquinaria en marcha para ocupar ao estafador e que acabe tan desesperado que se esqueza de tentar estafar á xente.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.