Todas as páxinas HTTP serán “non seguras” para Google Chrome a partir de xullo

Cando navegamos, sempre é unha boa suxestión fixarnos se as páxinas web que estamos a visitar son seguras ou non. Facelo é moi sinxelo, tan só temos que fixarnos se a web ten diante  HTTPS no canto de  HTTP. Se ten esa S adicional, normalmente significa que estamos a navegar nunha web segura que trata os nosos datos de maneira codificada.

En pos de buscar maior seguridade na rede, Google decidiu que a partir de xullo, o seu navegador  Chrome vai marcar como páxinas non seguras todas aquelas que non utilicen o protocolo  HTTPS na utilización dos datos dos que navegamos nelas.

Significa que esas páxinas non serán seguras? Si e non. Navegar con HTTPS sempre é recomendable, sobre todo se a navegación por esa páxina implica introdución de datos sensibles como contrasinais ou datos bancarios. Pero se non hai nada diso implicado, navegar a través de HTTP non ten que ser algo do todo inseguro, só indicará que se enviamos algún dato á web, estes datos non estarán codificados e poderán ser interceptados por calquera.

Así que se temos algunha páxina web é recomendable apurarnos a que a nosa páxina sexa compatible co protocolo  HTTPS, xa que  Chrome é un dos navegadores máis usados e que a nosa páxina sexa marcada por el como non segura pode facer un efecto negativo nos nosos visitantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.