A Amtega e Vodafone impulsan o uso de smartphones e tablets con máis de 500 prazas

A tecnoloxía avanza a pasos axigantados e, a maior parte das veces, é complicado controlala se non se está día a día en contacto con ela. Os exemplos vémolos todos os días: smarthpone cada vez máis complexos, sistemas operativos que cambian o seu aspecto cada dous por tres e tablets que son máis potentes que o computador que temos en casa.

Para os que necesitamos actualizarnos, a Amtega e a Fundación Vodafone queren impulsar o  uso dos smartphone e as tablets, e fano ofertando máis de 500 prazas en cursos de manexo de smarthpone e tablets para maiores de 45 anos.

Estes cursos realizaranse a través da Rede CeMIT e realizaranse ao longo dos próximos meses en todas as provincias galegas. Para asistir non fai falta dispoñer de tablet ou smartphone, xa que no curso ofrécese un para practicar o aprendido durante a súa celebración.

O curso é totalmente gratuíto e nel inclúese material didáctico impreso cunha guía visual de operacións básicas, así como exemplos de aplicacións e vídeos formativos como apoio audiovisual á experiencia formativa.

Se se desexa asistir a algún destes cursos, pódese consultar as datas de realización e facer a inscrición na web da rede CeMIT. Para calquera dúbida, tamén se pode contactar coa aula CeMIT máis próxima a través da mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.