Así é IGTV, a nova aposta de Instagram polos vídeos largos

Instagram é unha das redes sociais que máis crecemento tivo nos últimos meses. Nestes últimos tempos, a aplicación agora pertencente a Facebook estivo dando pasos para  monopolizar o mercado dos creadores de contido. Primeiro foron as fotografías, daquela as  stories e agora, atrévense cos vídeos de longa duración co lanzamento de  IGTV.

Que é  IGTV?

IGTV é o novo ecosistema que  Instagram preparou para que os usuarios cren contido en formato de vídeo centrado no consumo a través do teléfono móbil. Así,  IGTV é agora unha parte da aplicación de  Instagram (podémolo atopar na sección de “Descubrir”) pero tamén é unha aplicación aparte se queremos dedicarnos a subir vídeos creados por nós.

Que diferencia a  IGTV do resto de apostas?

Aínda que  Instagram ten un pasado de copiar sistemas doutras aplicacións,  IGTV é unha aposta completamente nova xa que se centra no consumo de vídeos a través do móbil. Así, os vídeos serán todos en formato vertical e a duración dos mesmos non excederá a hora.

O importante é que esta nova plataforma, que se integra na aplicación de  Instagram, permitirá aos creadores  monetizar os seus contidos de maneira similar ao que está a facer  YouTube. Desta maneira,  Instagram quere con  IGTV ter parte do pastel da nova fornada de usuarios creativos que queren expresarse a través de vídeos subidos á rede.

Como descargo  IGTV?

A plataforma  IGTV está integrada dentro de Instagram, polo que se só queres ver os vídeos que se suban podes facelo tan só actualizando. Se queres crear a túa propia canle en  IGTV, a aplicación está dispoñible para iOS e para  Android desde o mesmo día do seu anuncio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.